Archivado en Condiciones de trabajo, Comunicados convenio, Union Intercom. Ourense, Accion sindical
O sindicato critica que UGT e CIG si aceptaran asinar o texto, que consagra salarios moi inferiores aos mil euros mensuais para case 1200 traballadore
CCOO non asina o convenio de hostalaría de Ourense porque condena á precariedade os traballadores e traballadoras
A Federación de Servizos de CCOO decidiu na tarde do luns non asinar o convenio provincial de hostalaría de Ourense porque «condena á precariedade» os traballadores e traballadoras. O sindicato critica a decisión de UGT e CIG de asinar o texto, xa que os incrementos salariais previstos están moi por baixo do Acordo de Emprego e Negociación Colectiva (AENC), que prevé un salario mínimo anual de 14 000 euros. Neste convenio, o salario anual máis baixo será de 12 810 euros en 2019, 1190 por baixo do pactado no AENC, e de 13 327,58 en 2021, polo que aínda faltarían 672,42 para chegar aos mínimos do acordo estatal. Ler máis
O obxectivo do AENC, que vincula sindicatos e patronal, é chegar a ese salario mínimo de 14 000 euros anuais no ano 2020. Porén, cos incrementos pactados neste convenio, que se sitúan no 2 %, será imposible alcanzar a esa cifra nin sequera no 2022. Por esta razón, CCOO considera «unha vergoña» o asinamento do convenio.
CCOO lembra que este convenio afecta a tres mil persoas na provincia de Ourense, das cales ao redor do 40 % —unhas 1200— pertencen aos grupos profesionais 5, 6 e 7, que son os peor pagados. Para paliar a situación, poderíase incorporar unha terceira paga extra, pois o convenio de hostalaría de Ourense é o único de Galicia que só inclúe dúas. A proposta do sindicato consistiría en engadir no ano 2019 media paga extra, e a partir do 2020 a paga completa.
Rexeitada esa opción, a única posibilidade sería coa modificación do salario mínimo (SMI) por parte do Goberno, o que alteraría as táboas salariais pactadas, pero «crearía outras disfuncións». Por exemplo, un traballador ou traballadora que actualmente teña a categoría de auxiliar de cociña e un salario de 915 euros, podería ver de súpeto o salario aumentado a mil euros, contía equivalente á da persoa da categoría inmediatamente superior, que non experimentaría un aumento proporcional.
Facer depender as táboas salariais do que o Goberno decida facer co SMI sería colocar diferentes profesionais case co mesmo salario, independentemente da súa cualificación profesional, «xerando novos problemas».
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
BOLETÍN INFORMATIVO
Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social
Acuerdo Laboral de ámbito Estatal para el sector de Hostelería (ALEH)
VII Convenio colectivo estatal para las empresas de Gestión y Mediación Inmobiliaria
Firmado el VIII Convenio de Gestión y Mediación Inmobiliaria