-
Creación dunha comisión para tratar ao longo da vixencia do convenio as cuestión referidas sobre todo a clasificación profesional (definición das categorías profesionais, inclusión das categorías de seccións) e xornada, ademáis da que obriga a lei e atingue aos Plans de Igualdade, transparencia retributiva e fenda salarial.
-
Seguro de vida por accidente laboral de 12.000 €
-
Incremento salarial en tódolos conceptos: (Adxuntamos as táboas)
-
Ano 2020: 1% con caracter retroactivo a 1 de xaneiro
-
Ano 2021: 1,5%
-
Ano 2022: 1,5%
Tras asinar o convenio o seguinte paso é que sexa revisado pola Consellería correspondente e que se publique no boletín para a súa aplicación definitiva. Nesta ocasión e debido a que a patronal se negou a facer no día da sinatura ningún cambio sobre o acordado con o AGA, temos claro que nos veremos obrigados a facer modificacións en artigos que non se axustan á legalidade polo que o texto definitivo non o teremos ata que sexa publicado.
Como sempre, CCOO poñémonos a disposición das persoas traballadoras do sector, para que as condicións recollidas no convenio se cumpran. Temos claro que non podemos relaxarnos unha vez acadado o acordo, e que calquera convenio non é bo nin malo por si mesmo, senón porque realmente se aplique.
En canto comece o ano 2021 temos que por en marcha a comisión para, como cuestión principal, regular as categorías profesionais. É preciso profesionalizar o sector e eso pasa por marcar as funcións das diferentes categorías e creas as categorías de seccións.
Podes consultar os artigos actualizados do convenio no PDF adxunto