Archivado en Campañas, Condiciones de trabajo, Comercio Galicia, Accion sindical
Demandamos a Decathlon por vulneración do dereito á Liberdade Sindical
Presentamos unha demanda de tutela contra a empresa Decathlon pola vulneración do dereito fundamental de liberdade sindical. Esta demanda ven motivada pola negativa da empresa a aportar documentación e información relativa ás condicións laborais do persoal, por impedir o desenvolvemento da nosa actividade sindical negando o uso do crédito horario e por tomar represalias laborais cara ao activo sindical de CCOO, entre outras prácticas. Ler máis
CCOO, como sindicato máis representativo a nivel estatal dentro do Sector Retail, interpuxemos unha demanda contra a empresa Decathlon por tutela de dereitos fundamentais. En primeiro lugar, porque se vulneraron os dereitos de información, consulta e competencias recollidos no Artigo 64 do Estatuto dos Traballadores.
A empresa negouse a facilitar ás delegadas e delegados de CCOO a documentación e información requirida de forma sistemática. En consecuencia, vulneran e impiden o dereito deste sindicato a realizar un análise sobre a situación dos cadros de persoal e poder tomar medidas para mellorar a situación.
Por outra banda, negaron a autorización ou consentimento do uso por parte de CCOO dos correos electrónicos de todas as persoas da plantilla, non poñendo á disposición de CCOO os medios necesarios para garantir o dereito á comunicación e defensa da nosa afiliación e persoas traballadoras. Autorización que si foi dada ao sindicato SGICD.
En segundo lugar, negaron a CCOO a solicitude para facer uso do crédito sindical, o que é unha acción lesiva contra os dereitos fundamentais de todas as persoas traballadoras de Decathlon.
En terceiro lugar, porque desde o Sindicato tivemos constancia da imposibilidade de incrementar as horas de traballo ou de promocionar ou ascender do noso activo sindical, só por pertencer a CCOO.
CCOO tentou dialogar coa empresa para poñer fin a esta situación, pero non foi posible. Moi ao contrario, a empresa Decathlon continúa desenvolvendo prácticas lesivas cara ao noso activo sindical. Concretamente, os e as delegadas de CCOO en Decathlon reciben os peores horarios, modificacións nas tarefas asignadas e nos turnos, impídeselles entrar nos centros de traballo para desenvolver as súas funcións sindicais, etc.
CCOO lamenta profundamente a actitude da empresa Decathlon cara os e as delegadas do noso Sindicato, así como que as relacións laborais dentro da empresa teñan que ser dirixidas por un xulgado.
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
BOLETÍN INFORMATIVO
Acuerdo Laboral de ámbito Estatal para el sector de Hostelería (ALEH)
Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social
VII Convenio colectivo estatal para las empresas de Gestión y Mediación Inmobiliaria
Firmado el VIII Convenio de Gestión y Mediación Inmobiliaria