Archivado en Empleo, Convocatorias, Unión Comarcal A Coruña, Contact Center, Accion sindical
Concentración o vindeiro luns contra a destrución de emprego en Teleperformance
O comité de empresa de Teleperformance na Coruña convoca unha concentración de delegadas e delegados o vindeiro luns, 11 de marzo, das 13 ás 14 horas fronte ás instalacións da empresa. Con esta acción queremos denunciar a destrución de emprego na delegación coruñesa da compañía.
«Fomos espectadores da desaparición de servizos históricos nesta delegación», o que motivou que se pasase de case mil persoas traballando a só 515. A iso sumouse a deslocalización a Colombia do servizo de atención ao cliente de Unión Fenosa Distribución e un ERE estatal que motivou a saída de 38 persoas —300 en todo o Estado.
«E agora seguimos vivindo un goteo constante de despedimentos» que a empresa cualifica como disciplinarios, pero todos eles «acabarán sendo declarados improcedentes», vaticina o comité.
A situación está sumindo o persoal na constante «intercerteza» sobre o seu futuro, traballando «baixo ameazas e presións constantes, e co temor de ser ou non o seguinte en saír despedido».