Archivado en Comunicados, Noticias, Empleo, ERE, Enxenerías Inspección Técnica, Planificación e Consultorías

Representantes de CC.OO. de TRAGSA-TRAGSATEC reúnense con deputados de En Marea e PSdG-PSOE

CC.OO. pide aos partidos políticos que o grupo público TRAGSA-TRAGSATEC "deixe de ser a ETT do Goberno"


Representantes de Tragsa-Tragsatec de CC.OO. pedíronlle o pasado luns aos deputados de En Marea que contribúan a visibilizar os despedimentos da empresa pública e que presenten unha Proposición Non de Lei (PNL) na que se propoña que o Congreso inste ao Goberno a readmitir aos traballadores despedidos. Tamén lles entregaron un dossier informativo no que se recollen todas as fraudes de lei que levan denunciando diante da Inspección de Traballo.

David Bruzos e Yolanda Díaz, comprometéronse a atender as súas reivindicacións e aseguráronlles que os apoiarán na concentración que teñen previsto levar a diante da sede do Partido Popular na rúa Génova (Madrid) o vindeiro 26 de xaneiro.

Asimesmo representantes de Tragsa-Tragsatec de CC.OO. reuníronse co deputado no Parlamento de Galicia Abel Losada, quen lles trasladou que o Grupo Socialista no Parlamento de Galicia presentou o pasado día 13/01/16 unha Proposición Non de Lei para instar ao goberno que deteña o ERE do Grupo Tragsa.

CC.OO. ten previsto reunirse polo mesmo tema este xoves co grupo Mixto do Parlamento de Galicia e esperamos que nos vindeiros días nos reciba o BNG e o PP no Parlamento de Galicia.





Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,