Archivado en Negociacion Colectiva, Convocatorias, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Servizos Administrativos, Accion sindical
A patronal manifestou a súa liña vermella de eliminar a antigüidade na última reunión da mesa negociadora do convenio de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra do pasado 19 de marzo, á cal nos opoñemos frontalmente a parte social. Por este motivo nos emprazamos ao 12 de abril para tentar desbloquear a situación. Porén, onte á tarde comunicóusenos a anulación da xuntanza prevista para hoxe.
É por iso que, dacordo tamén ás asembleas de traballadores/as levadas a cabo, UGT e CCOO convocamos unha folga na provincia de Pontevedra de 4 días, dende o 16 ata o 19 de abril, na que ti poderás escoller o día que queres facer folga sen necesidade de preavisar a ninguén. Ditas folgas convócanse en protesta respecto ao intento da patronal de seguir precarizando as condicións económicas e laborais do sector de Oficinas e Despachos de Pontevedra. As persoas traballadoras do sector non son persoal de segunda e merecen condicións laborais similares ás doutras provincias.
Así mesmo, convocamos unha concentración o día 18 de abril as 19:30 horas diante da sede da CEP Pontevedra. Esperámosvos a todos/as, é o momento de dicir BASTA XA!!!
2024 © CCOO SERVICIOS. Aviso Legal | Contacto