Para paliar a perda de poder adquisitivo de 2022 CCOO conseguimos tamén que a empresa se comprometa a unha paga única na nómina do mes de xaneiro de 2023 do 3% sobre o salario basee persoal de cada traballador, o que supón aproximadamente 500€ nas xornadas completas, e en categorías inferiores en función do salario base. Significa que en 2022 todos cobrariamos un 5,5% máis. En xaneiro de 2023 cobraremos como mínimo o 3% máis, que xa fora asinado, e na categoría inferior o 10,5% máis. CCOO seguiremos negociando por mellorar e temos a próxima reunión coa empresa o día 10/01/23. Isto non é suficiente, pero cremos que na vía da negociación está o camiño.