VIXENCIA de 4 anos (2016-2019)
INCREMENTO SALARIAL:
-
O 1,6% para o ano 2016 e incremento lineal de 20 ? para cada un dos anos 2017, 2018 e 2019.
-
Plus de transporte: 3´5 ? día.
-
Revisión salarial con carácter retroactivo no caso que o IPC real de cada un dos anos supere o 1´5%.
HORAS EXTRAS: Incremento do 100% sobre o valor da hora ordinaria.
INCAPACIDADE TEMPORAL: 100% en todas las baixas por enfermidade ou accidente.
PLUS DE INCAPACIDADE: Crear un plus por fillo ou filla diminuído físico ou psíquico de 50 ? mes.
LICENZAS: Posibilidade de gozar de forma descontinua nos casos de hospitalización ou intervención cirúrxica con repouso domiciliario.
VACACIÓNS: 25 días laborais e redactar o desfrute de vacacións nos casos de baixa por IT.
DESCANSO SEMANAL: 2 días semanais consecutivos.
LACTACIÓN: Acumulación da lactación en 25 días, suprimindo o texto do actual convenio "en caso de que ambos traballen"
EMPREGO FIXO: 60%
INDEMNIZACIÓN DE FIN DE CONTRATO: 24 días por ano traballado.
CONTRATO FIXO DISCONTINUO E FIXO A TEMPO PARCIAL: Regular estes dous tipos de contrato no convenio (trasladaremos proposta concreta).
FORMACIÓN DUAL: Regular a utilización de este tipo de traballadores.
EXTERNALIZACIÓN E SUBROGACIÓN:
-
Establecer que as empresas de multiservizos teñan que aplicar este convenio de hostalaría cando obteñan contratos en calquera empresa do sector.
-
Regular a obrigatoriedade de subrogación.
CONTROL DE PRESENCIA: Establecer un sistema de control e rexistro horario onde se establecerá a hora de entrada e saída diaria, coa obriga de entregar copia ao traballador ó final de mes e a representación dos traballadores se existe.
PREMIO DE PERMANENCIA: Aclarar que este premio é tamén para os casos de invalidez.
COMISIÓN PARITARIA E DESCOLGUE: Redactado conforme establece a Consellería de Traballo.
CCOO entendemos que despois de dez reunións esta é unha exposición axustada que debería axilizar a negociación. Pola nosa parte estamos en condicións de asinar á maior brevidade posible un Convenio que vai xa para dous anos de retraso.
Nestes momentos estamos á espera de que a patronal estude as nosas propostas e convoque o antes posible unha nova reunión da mesa negociadora.