Archivado en Noticias, Comunicado breve

Antonio Lago é elixido por unanimidade novo secretario xeral da Federación de Servizos de CCOO


Intervención do novo secretario xeral de CCOO-Servizos, Antonio Lago
O martes, 27 de outubro, reuniuse o Consello Nacional da Federación de Servizos de Comisións Obreiras de Galicia, máximo órgano desta organización entre congresos. Neste conclave, Antonio Lago (ata ese momento vogal) foi elixido por unanimidade novo secretario xeral de CCOO-Servizos.

Antonio Lago substitúe no cargo a Julián Valiente, secretario xeral os últimos sete anos, e que neste Consello Nacional presentou a súa dimisión por razóns de saúde.

O Consello Nacional de CCOO-Servizos tamén aprobou incorporar á súa Comisión Executiva a Xoán Carlos Viveiro Cadenas (secretario xeral de CCOO en Caixabank) e Isabel Fernández, que viña desempeñando as funcións de responsable da Muller nesta federación.