A presenza do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia visibilizouse,
fundamentalmente, tras a pancarta da Plataforma Feminista Galega, da que
Comisións Obreiras forma parte. A secretaria da Muller de CCOO, Mabel
Pérez, lembrou que no que vai de ano foron asasinadas máis de corenta
mulleres en toda España, «alarmante cifra que dá idea da gravidade do
problema».
A súa homóloga confederal, Ana Herranz, pediu que as Administracións públicas se comprometan «con feitos, non con palabras», e esixiu o reforzamento das ferramentas para combater a violencia machista.
Pola súa parte, tanto o secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión, como o secretario xeral confederal, Ignacio Fernández Toxo, instaron as forzas políticas e institucións a «tomaren boa nota» desta mobilización e «actuar xa».