París albergará a reunión sobre o clima e o futuro do planeta que debe
servir para acelerar a transición cara a unha economía verde e un modelo
enerxético renovable.
O movemento cidadán e sindical ten convocadas miles de mobilizacións en numerosas cidades e lugares do planeta para lles esixir aos líderes mundiais un acordo ambicioso e vinculante que evite as consecuencias devastadoras do cambio climático. Un cambio climático que prexudica as persoas, os ecosistemas e as economías; ten consecuencias xa na saúde da poboación e acelera a destrución da biodiversidade, que comeza a afectar económica e socialmente a todo o planeta.
O cambio climático é tamén una cuestión sindical. Sharan Burrow, secretaria xeral da Confederación Sindical Internacional (CSI), adoita repetir que "non haberá empregos nun planeta morto" que "a transformación industrial é fundamental para acadar un futuro sen emisións de carbono e sabemos que non pode levarse a cabo sen un diálogo cos traballadores e as traballadoras nos lugares de traballo e no marco dos plans nacionaies para as nosas economías e industrias".
O movemento sindical pide que se inclúa o compromiso de lles garantir aos traballadores e traballadoras unha transición xusta ao novo modelo produtivo. Necesitamos que as medidas para a transformación industrial e enerxética aseguren o emprego e as condicións de vida da clase traballadora.