Queremos lembrar que CCOO defendeu que o ERE non é necesario, porque Tragsatec ten actualmente unhas reservas voluntarias de 143 millóns de euros, ás que habería que sumar 118 millóns de Tragsa. Esta cifra, segundo o sindicato, «son beneficios de exercicios anteriores -tras a repartición de dividendos- conseguidos co traballo de todas e todos». Segundo Comisións, abondaría con dedicar o 19 % das devanditas reservas -24,6 % se se incluír todo o grupo- para cubrir a previsión de perdas acumuladas para o quinquenio 2014-2019 -27,3 millóns en Tragsatec ou 64,3 millóns no Grupo Tragsa-.