Por suposto non aceptamos tampouco que se defina ao comercio como un servizo público, ANGED confunde e esquécese de engadir a preposición e definilo como o que realmente é, "un servizo para o público".
Entendemos que o desafío do comercio hoxe pasa por entender as necesidades do consumidor ofrecéndolle o que necesita e mantendo un bo ambiente laboral nas tendas para que o traballador poida desenvolver o seu traballo en condicións óptimas, e non en fomentar o consumo irresponsable e baixar prezos á conta das condicións laborais dos traballadores.
Por último, se ANGED o que propón é que nos acheguemos ás condicións de libre apertura de Portugal, nós propomos achegarnos ás condicións doutros países onde tamén no comercio se pode conciliar a vida familiar e laboral.
En definitiva estamos de acordo en afrontar ese debate coherente sobre o futuro do comercio, sempre que sexa iso (coherente), e non busque precarizar aínda máis as condicións xa de seu inasumibles de todos os traballadores e traballadoras do comercio, e considerando que 12 horas ao día 6 días á semana son máis que suficientes para atender ao consumidor.