As Centrais Sindicais, lexitimadas para negociar e presentes no convenio, despois da última reunión decidimos convocar unha ASEMBLEA de sector para contarvos polo miúdo o que pretenden estes empresarios, pero adiantámosvos algo para que o vaiades asimilando:
-
Vixencia, cinco anos.
-
Eliminar a promoción interna, modificar as categorías profesionais.
-
IT, eliminar o 100% de salario.
-
Cambiar as compensacións que temos por mobilidade xeográfica.
-
Eliminar antigüidade.
E por suposto, o incremento salarial é CERO para os tres primeiros anos e 0.25% para os dous últimos.
Ante esta agresión tan brutal de perdas de dereitos, de perdas económicas, non podemos estar calados e caladas, non podemos estar impasibles, debemos reaccionar e espertar canto antes, polo que convocamos ASEMBLEAS que convocamos en domingo para que todos e todas poidamos participar.
ASEMBLEA EN VIGO: DÍA 23 DE OUTUBRO ÁS 11:30 HORAS NOS LOCAIS DA CIG, RÚA GREGORIO ESPINO, 47
ASEMBLEA EN PONTEVEDRA: DÍA 23 DE OUTUBRO AS 11:30 NOS LOCAIS SINDICAIS, RÚA PASANTERÍA.
¡POR UN CONVENIO DIGNO, POR UN CONVENIO XUSTO!