- Vixencia de catro anos.
- No referente a xornada, 20 minutos de descanso retribuído para xornadas continuadas de máis de 6 horas e a posibilidade de pechar as 19 horas os días 24 e 31 de decembro sempre que se consiga que así o estableza a Xunta de Galicia.
- Prioridade para a contratación de tempo parcial para ocupar as vacantes a tempo completo e consolidación do 50% das horas complementarias estruturais traballadas nun período de 18 meses.
- Dereito ao disfrute de 14 días de vacacións entre o 1 de xuño e o 30 de setembro para o 100% do cadro de persoal
- Posibilidade de acumular o período de lactación nun total de 22 días consecutivos.
- Ampliar aos 14 anos do fillo a posibilidade de redución de xornada por garda legal e ampliar ata os cinco anos a excedencia por coidado de fillos con reserva do posto de traballo.
- Incremento salarial do 0,5% para 2016, 0,5% para 2017, 1% para 2018 e 1% para 2019.
- Conxelación da antigüidade na cantidade que se teña a 31/12/2016 e a cambio a creación dun plus adpersonam só para as persoas que estén de alta a esa data consistente en 50 ? mensuais por 15 pagas. Este plus sería consolidable non absorvible nin revalorizable.
O exposto por parte da representación de ASAP na mesa negociadora foi valorado de forma unánime pola asemblea como INASUMIBLE, e ante a situación de bloqueo da negociación decidiuse iniciar mobilizacións e convocar folga para os próximos días 5 e 7 de decembro, a cal será convocada polos catro sindicatos presentes na mesa e presentada ante a autoridade laboral o luns.
Por parte de CCOO valoramos esta proposta da patronal totalmente insuficiente, xa que supón no seu conxunto unha merma económica con respecto ao actual convenio, disfrazada cun hipotético incremento salarial deixando incluso fóra desta "hipotética mellora" aos futuros traballadores e traballadoras do sector, os que non van ter nin incrementos de antigüidade nin o plus establecido pola conxelación desta.
O próximo martes día 29 estamos convocados pola mediación do AGA para unha nova reunión na que esperamos que a posición da patronal mude considerablemente. Ao mesmo tempo convocamos xa unha nova asemblea para o próximo domingo día 4, na que valoraremos os posibles cambios que se produzan nesta semana.