Outra cuestión importante recollida neste acordo é que para os cálculos indemnizatorios individuais en caso de despedimento improcedente ou obxectivo e os de finalización de contrato, aplicaranse os salarios establecidos para o ano 2019.
Este acordo supón un incremento medio no salario fixo de máis do 8% en cada un dos anos. Ademais, se engadimos as melloras económica que se establecen nos dous acordos anteriores coa creación de pluses novos (Plus de distancia/desprazamento, Plus de puntualidade e asistencia, Complemento de IT ao 100% en accidente laboral e ao 75% en enfermidade común) e a regulación da bolsa de horas que supuxo un incremento importante nas horas extras; neste ano 2016 a representación de CCOO no Comité de Empresa viu recompensado o gran esforzo realizado para mellorar as paupérrimas condicións de traballo do persoal desta empresa de Multiservizos.
Pero quedan máis asuntos que tratar. Agora precísase constituír o Comité de Seguridade e Saúde no mes de xaneiro e desde este mellorar as condicións de traballo nesta materia. Tamén é necesario facer un seguimento do cumprimento dos acordos para que o esforzo realizado se vexa realmente e efectivamente compensado.
Desde que naceu este comité, o 5 de febreiro de 2016, o compromiso adquirido co persoal foi conseguir mellorar ao máximo as condicións de traballo e até a data hai que recoñecer que o cumpriu sobradamente.
Vigo a 22 de decembro de 2016
JORGE CARNEIRO PENEDO
Responsable da Federación de Servizos na provincia de Pontevedra.