Promesas incumpridas
Desde a Unión Comarcal de CCOO de Arousa criticamos a «hipocrisía» dos responsables de Hotusa, pois cando se fixeron cargo das instalacións -hai máis un ano-, prometeran garantir todos os postos de traballo, amais de respectar as condicións laborais de todo o persoal por escrito nun documento asinado por todos os traballadores afectados.
Desde CCOO lembramos que o Gran Hotel era un «referente» na hostalaría galega, pero que a consecuencia do ERE, dos recortes e da sobrecarga de traballo do persoal, padeceu unha «notable deterioración» tanto en mantemento como nos servizos ofertados. CCOO Arousa denunciamos , asemade, que o incremento da carga de traballo se fixo mantendo «salarios de miseria», incluso o caso dun traballador ao que se lle propuxo ser xefe de mantemento, con localización telefónica as 24 h, por só 900 euros mensuais.
Ante este estado de cousas, desde a Unión Comarcal de CCOO de Arousa preguntámonos onde está o «investimento millonario» que se prometera para que o Gran Hotel contase con «emprego de calidade» e seguise a «crear riqueza na comarca» e no pobo de O Grove.
Vilagarcía de Arousa. 3 de maio de 2017
SECRETARÍA XERAL UNIÓN COMARCAL DE AROUSA
630969055 | ciglesias@galicia.ccoo.es