PRINCIPAIS REIVINDICACIÓNS SINDICIAS
Duración e vixencia:
-
2 anos (2017 e 2018).
-
Garantir a ultractividade para que o convenio se manteña integramente en tanto non se negocie outro que o substitúa.
Incremento salarial:
-
No 2017, incremento ata a equiparación co salario do convenio de Lugo.
-
En 2018: incremento do IPC real de 2017 mais un 0,5%, (garantindo un mínimo do 2%).
Horas extras e complementarias:
-
Recargo do 100% nas horas semanais e do 175% nas de domingos e festivos.
-
Consolidación anual dunha parte das horas complementarias realizadas polos tempos parciais.
Xornada e horario:
-
Reducir considerablemente a actual xornada anual de 1820 horas/ano.
-
Establecemento de mecanismos de control de entrada e saída ao centro de traballo, mediante a fichaxe do persoal.
-
Coñecemento individualizado do calendario mensual de traballo.
Licenzas:
-
Ampliar o permiso de paternidade a 4 semanas.
-
Incluir licenzas por ingreso hospitalario, ampliar algunhas ata o segundo ou terceiro grado e tamén incorporar unha nova licenza non retribuída de 28 días.
Excedencias:
-
Ampliación por coidado de fillos ata que a crianza cumpra os 14 anos.
-
Actualizar a lexislación das voluntarias e obrigatorias.
Inclusión de novos artigos sobre:
-
Igualdade home muller, protocolos de acoso, prevención de riscos ou póliza de seguro.
Outras condicións:
-
Tamén reivindicamos melloras noutros temas coma roupa de traballo, vacacións, inventarios, etc.