Archivado en Nota de prensa, Fusiones, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Ferrol, Union Intercom. Santiago Barbanza, Union Comarcal Lugo, Unión Comarcal A Mariña, Union Intercom. Ourense, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Union Comarcal Arousa, Contact Center, Sector Financeiro, Servicer

O Grupo Parlamentario Socialista concorda co sindicato en que a venda do Popular orixina unha situación "complexa" e ofrece a súa colaboración

A Federación de Servizos de CCOO continúa a rolda cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular


A Federación de Servizos de CCOO de Galicia continúa a rolda de conversas cos grupos parlamentarios galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco Popular. Tras as xuntanzas do martes con En Marea e PP, hoxe tivo lugar unha reunión con representantes do Grupo Parlamentario Socialista. Segue

reunión PSOEreunión psoe

A delegación de CCOO-Servizos estivo integrada pola secretaria xeral, Lucía Trenor, pola responsable da sección sindical do Banco Popular, Carmen Peteiro, e polo responsable do sector financeiro de CCOO, Francisco Villares. Os voceiros sindicais alertaron das «graves» repercusións sociais que para a nosa terra tería o desmantelamento dunha entidade financeira «netamente galega» e pedíronlles aos partidos políticos que se impliquen na defensa do emprego e das condicións laborais.

CCOO-Servizos estendeu esa petición tanto aos postos de traballo directos- case o 12 % do persoal do Popular, unhas 1430 persoas, está en Galicia-, como ás empresas vinculadas -comercializadoras do parque inmobiliario do banco, centros de chamadas, etc.-, que suman unhas 500 persoas.

Reacción do PSdeG

A delegación do Grupo Parlamentario Socialista afirmou «comprender e asumir» a complexidade da situación. Así mesmo, amosou a súa «receptividade e colaboración» tanto no eido parlamentario como no político-social.

Traballo coordinado de CCOO

CCOO-Servizos ten a representación maioritaria no ámbito estatal e autonómico nas empresas afectadas, isto é, tanto nos dous bancos como nas empresas que lles prestan servizos. Así mesmo, todas as seccións sindicais implicadas están a traballar coordinadamente desde que se coñeceu a operación de compra.

Isto entra no calendario de encontros, que se estenderán á dirección do Banco Santander e Universal Support -centro de chamadas con máis de 200 persoas afectadas- tamén nesta semana.