Archivado en Nota de prensa, Empleo, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Ferrol, Union Intercom. Santiago Barbanza, Union Comarcal Lugo, Unión Comarcal A Mariña, Union Intercom. Ourense, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Union Comarcal Arousa, Contact Center, Sector Financeiro, Servicer

O sindicato pídelle «axilidade» ao banco para clarificar a situación e lémbralle que «as persoas son o primeiro»

CCOO reitéralle ao Santander a petición dunha reunión formal sobre a adquisición do Popular


Banco Santander Banco Popular
A sección sindical de CCOO-Servizos no Banco Santander reiteroulle hoxe á entidade, como principal interlocutora, unha reunión formal para que informe sobre a adquisición do Banco Popular. O sindicato demanda «axilidade» para ter canto antes información «de primeira man» sobre este proceso, alén do que diariamente se publica nos medios de comunicación e que está a xerar «intranquilidade» nos cadros de persoal de ambas as dúas empresas. Segue

Da Federación de Servizos de CCOO salientan que é a primeira vez que se aplica o mecanismo europeo de resolución de entidades financeiras, polo que no sindicato son «conscientes» de que os prazos poden alongarse. Con todo, as «incertezas» sobre o emprego directo e o indirecto requiren dunha resposta por parte da entidade compradora, neste caso o Banco Santander, xa que estamos a falar de case tres mil persoas en Galicia (1430 no Popular, 900 no Santander e 500 en empresas de servizos).

A principal preocupación de CCOO son os postos de traballo. Calquera reordenación, tanto da rede de oficinas como de servizos centrais, con perda de personalidade xurídica do Banco Pastor e do Banco Popular, debe realizarse «sen medidas traumáticas e de xeito consensuado coa representación legal do persoal», insisten desde o sindicato. Como exemplo, o que se fixo no Pastor-Popular no pasado exercicio, co asinamento de acordos para a garantía do emprego e a homologación das condicións laborais.

En segundo lugar, desde a Federación de Servizos do sindicato afirman que as garantías de emprego han estenderse ás diversas empresas en que o Popular é copartícipe.

Outra das inquedanzas de CCOO é o restablecemento da confianza de clientes e persoal da entidade vendida. Neste sentido, o sindicato coida que o Banco Santander debe «ofrecer solucións» para os pequenos accionistas que viron desaparecer os seus investimentos ?bonos e accións? por mor da aplicación do mecanismo único de resolución.

As persoas son o primeiro

Desde CCOO-Servizos afirman que se o Banco Central Europeo e a Comisión Europea pretendían «transmitir tranquilidade» ao sistema financeiro español, decidindo nun tempo brevísimo a resolución do banco e evitando así un custo ás arcas públicas pola inminente creba do Popular, outro tanto debe acontecer con todas as incertezas. O sindicato pide que, unha semana despois, se despexen canto antes todas as dúbidas, especialmente as referentes aos prazos, o futuro das marcas Banco Popular e Banco Pastor e as garantías reclamadas tanto polo persoal como a clientela. «As persoas son o primeiro», enfatizan desde CCOO.