Proposta da patronal a 8 de setembro de 2017.
Vixencia 5 anos (2015 a 2019).
Eliminación do concepto da antigüidade con efectos do 31 de decembro de 2017. A partir desa data déixanse de xerar cuadrienios e a cantidade que lle resulte ás persoas que a veñen cobrando só se incrementará na mesma porcentaxe que o faga o salario basee.
Incremento, a máis do que se acorde para cada un dos anos, do 1,5% os catro primeiros anos (En total o 6%).
Respéctanse os períodos intermedios co seu valor (1,25% cada ano a máis que se teña do cuadrienio).
Incremento en todos os conceptos económicos.
Anos 2015 e 2016: sen incremento.
Ano 2017: 2%
Anos 2018 e 2019: 1,25% cada ano
Cláusula de revisión ao IPC real de cada ano sen carácter retroactivo.
Incluír o redactado dos contratos de formación no Convenio.
Vacacións: 22 días laborais.
Licenzas:
Incluír as parellas de feito na licenza de 15 días por matrimonio.
A Licenza do apartado C establecela para familiares ata 2º grao.
Seguro de accidentes de 20.000 ?
Incluír as empresas de multiservizos no convenio.
Redactar Comisión Paritaria e Cláusula de descolgue.
Revisión do redactado do Convenio.
Pola representación sindical, a falta de facer unha valoración económica da súa proposta de eliminación da antigüidade, expuxéronselle outra serie de cuestións que non foron aceptadas:
Asistencia ao médico do interesado e acompañamento a fillos ata 16 anos.Asistencia ao médico do interesado e acompañamento a fillos ata 16 anos.
Vacacións: 27 días laborais e unha bolsa de 300 eur no caso de que non se gocen as de verán.
Licenzas:
- Asistencia ao médico do interesado e acompañamento a fillos ata 16 anos.
- A lactación establecela ata 12 meses e a súa acumulación nun total de 21 días.
- Complemento de IT ao 100% da retribución do traballador.
A representación de CCOO na mesa de negociación valoramos positivamente que por fin se empezou a negociar, pero mantemos as nosas reservas sobre a proposta económica que fai a patronal para eliminar o concepto de antigüidade. Para CCOO a posibilidade de eliminar este concepto pasa por un incremento económico que o compense e establecer melloras sociais importantes no convenio.
A negociación continúa nunha data aínda sen definir neste mes de setembro na que poderemos xa ter máis ou menos claro se hai ou non posibilidades dunha firma próxima do convenio.