Que loxicamente estamos a favor de calquera incremento económico, pero non se pode dicir que o plus foi negociado. O importe do mesmo decidiuse unilateralmente pola dirección da empresa e o que se expón para Lugo e Ourense non equipara realmente condicións, non soluciona a diferenza con respecto a outras provincias e non se achega ás pretensións que ten CCOO:
-
Desde CCOO traballamos para que todas as traballadoras e traballadores de INDITEX teñan as mellores condicións laborais, xa sexan de tendas, loxística ou oficinas, evitando que haxa traballadores e traballadoras de primeira, segunda e terceira categoría.
-
Por iso desde CCOO cremos que a única forma seria e responsable de evitar diferenzas nas condicións entre o persoal, é unha reunión global a nivel de Galicia. INDITEX ten que sentar a negociar de verdade, porque todo o persoal ten que ter as mesmas condicións independentemente da provincia e o centro de traballo.
-
Outras opcións sindicais son moi libres de dicir e facer o que queiran, pero nós limitámonos aos feitos e estes son que non hai negociación, hai decisión unilateral da empresa no que respecta a importes de complementos por provincia e aínda que non podemos negar que o complemento é importante, non podemos conformarnos, porque as diferenzas salariais e sociais seguen existindo.
-
En CCOO só temos un obxectivo, conseguir que algún día, esperemos máis pronto que tarde, absolutamente todo o persoal das tendas de INDITEX, teña as mellores condicións sociais e económicas.