Hoxe mércores, 20 de decembro, celebráronse eleccións na empresa Ideal Call na Provincia de Coruña, obtendo un total de 1 delegados para un comité de 5.
Estas eleccións corresponden ao persoal de traballadores e traballadoras externos, adicadas a actividades de Contact Center para Media Markt, Oney, Caixabank Accidentes, etc...
Son as primeiras que se levan a cabo en Ideal Call para constituir un Comité de Empresa, no que tivemos un escenario complexo para poder presentar a nosa candidatura, polo que CCOO Servizos quere amosar o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras.
CCOO Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e traballadoras mostrando o noso compromiso para levar a cabo o mellor traballo posible en defensa dos intereses de todo o personal.