Ademais establecemos as seguintes melloras sobre o convenio actual:
Incremento salarial á parte do establecido pola conxelación da antigüidade será do 1?25% para 2017, o 2% para 2018 e o 1?25% para o 2019, con cláusula de revisión sobre o IPC real. O cobro de atrasos será desde xaneiro de 2018.
Establécese a obriga de aplicar o convenio a aquelas empresas multiservizos que traballen no sector.
A obriga de negociar o convenio unha vez rematado nun prazo máximo de tres meses e de non facelo iniciarase coa intervención do AGA.
Establécense as vacacións en 22 días laborables cando se traballa de luns a venres e 24 se se traballa tamén os sábados.
As licenzas establécense para todos os familiares ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Tamén se establece o goce a partir do día seguinte laborable.
Increméntase a 21 días a posibilidade de acumulación da lactación.
10 horas ao ano para asistir ao consultorio médico tanto propio como por acompañamento de familiares.
O seguro de vida increméntase ata os 24.000 ? e incluímos a cobertura da enfermidade profesional.
A representación de CCOO na mesa de negociación valoramos positivamente que por fin se alcanzara un acordo que polo menos cubre unha das nosas prioridades no aspecto económico, máis baixo de convenio superior a 14.000 euros anuais, e desbloquea unha negociación que se alongaba moito no tempo.
O próximo día 24 de outubro teremos a reunión para a firma definitiva do texto.