A moita distancia sitúanse a federación de sindicatos FINE, con 38 (23,6 %); UGT, con 34 (21,12 %) e a agrupación sindical CIC, con 25 (15,53 %). Os restantes sindicatos sumaron entre todos 15 representantes (9,32 %). Por entidades, os mellores resultados para CCOO foron en Abanca, onde conseguiu 26 delegados e delegadas; a seguir sitúanse Caixabank (18) e Bankia (5).
Este resultados avalan o traballo realizado polo sindicato nos últimos catro anos, nos que o sector superou a anterior conxuntura de reestruturacións e fusións «e afronta o futuro con novos retos, como a dixitalización, as esixencias regulatorias e os novos modelos de oficinas», apunta Jorge Villarino, responsable do sector financeiro de CCOO-Servizos, quen agradece o apoio ás candidaturas de Comisións Obreiras.
Estas eleccións «demostran que os traballadores e as traballadoras confían en CCOO», sinala Villarino, quen salienta o labor do sindicato en aspectos como os acordos de profesionalidade, horarios, conciliación e igualdade. Tamén, o asinamento do convenio colectivo 2015-2018, «que protexeu os dereitos laborais nun escenario moi complicado e sentará as bases para o novo convenio que se ha negociar de xeito inminente», conclúe.