Para CCOO, presentar un ERE sen que se coñezan datos «básicos» sobre a empresa, comezando por quen a dirixirá a partir da semana que vén, «non ten sentido». Porén, a distribuidora de alimentación decidiu seguir adiante coas súas intencións, que pasan por eliminar máis de 1500 postos de traballo en toda España.
É totalmente incoherente que siga un ERE sobre a mesa cando:
Aínda non sabemos o que vai suceder na Xunta de Accionistas do día 20.
Aínda non sabemos, por tanto, cal vai ser a ampliación de capital nin quen vai seguir dirixindo a empresa.
Aínda non sabemos se a venda de tendas vai por bo camiño
Só cando haxa resposta a estas preguntas poderase falar sobre a necesidade de reestruturar o persoal ou se sería suficiente unha recolocación do persoal, ben por funcións ou ben por traslados, ou outras medidas que non esixan despedimentos.
A empresa debe ser consciente de que a mellora da calidade só pode vir dunha man de obra suficiente e cualificada, sería un gravísimo erro pola súa banda non ser capaces de reter o talento dun excelente equipo humano do que, agora, queren desfacerse.
CCOO considera que a situación actual é unha oportunidade para dotar ás tendas de persoal estable e suficiente, de reforzar a cualificación das persoas que van sacar a DIA desta situación, que non son outras que as súas traballadoras e traballadores.
Por estas razóns, CCOO convou dous paros parciais o próximo día 20 en todos os centros de traballo, de 10 a12h e de 17 a 19h. Antes, o día 13 de marzo.