A Consellería trasladou o seu compromiso de axente intermediario entre Naturgy e Unitono. Asemade, a empresa Unitono trasladoulle á Xunta a súa intención de diversificación de clientes na plataforma que teñen en Ourense para conseguir maior volume de negocio.
A Federación de Servizos de CCOO expuxo unha vez máis á Xunta a necesidade de que Unitono aplique unhas solucións a curto prazo que permita o aumento do da carga de traballo para o seu centro en Ourense. Do mesmo xeito abordáronse as necesidades dunha modificación lexislativa que permita o mantemento de empregos en Galicia.
Lucia Trenor, Secretaria Xeral de Servizos de CCOO Galicia, fixo especial fincapé na situación e problemática na que se atopa o sector de Contact Center en Galicia, que ocupa a case 10.000 persoas pondo como exemplo os conflitos existentes en empresas como: Teleperformance, Bosch, DxC Technology, Unitono, Universal Support, etc...
Desde a Xunta ratifícase o compromiso realizado na primeira reunión mantida coa secretaria de Emprego Covadonga Toca levando a cabo un estudo para analizar a situación do sector do Contact Center en Galicia.