Corresponde á Federación de Servizos de Galicia o desenvolvemento das normas estatais no referente á celebración do Plenario desta Comunidade. Coa aprobación destas normas queda convocado o III Plenario da Sección Sindical de CCOO en CAIXABANK GALICIA que se celebrará o próximo 30 de outubro de 2019 en Santiago de Compostela.
Obxectivos:
- Potenciar a participación da afiliación no proceso.
- Debater e presentar as emendas, se se estima dos documentos do Plenario Estatal.
- Elección da delegación de Galicia ao III Plenario Estatal.
- Elección da Comisión Executiva da Sección Sindical Caixabank de Galicia.
- Elección do/a Secretario/a Xeneral da Sección Sindical Caixabank de Galicia
Calendario:
13.09.19 |
Data límite para o envío da convocatoria, Normas do plenario e documentos a debateao conxunto da afiliación |
Do 16 ao 24 09.19 |
Posta a disposición polas federacións territoriais dos censos electorais para a revisión da inclusión individual pola afiliación e período de reclamacións aos mesmos (4 + 4 días laborables) |
30.10.19 |
III Plenario da Sección Sindical de Caixabank de Galicia. |
15.11.19 |
Data límite para o envío da acta do Plenario de Galicia ás secretarías de organización da Sección Sindical Estatal de Caixabank e da Federación de Servizos de CCOO de Galicia. |
27 e 28 11.19 |
Plenario da Sección Sindical Estatal de CAIXABANK |
Plenario de Galicia
- Asistencia ao Plenario de Galicia.
O Plenario estará integrado por todas as persoas afiliadas ao corrente de pago de cotas a data de convocatoria, que asistan ao mesmo e que será convocada directamente pola Federación de Servizos de CCOO de Galicia, por medios telemáticos.
Neste plenario de afiliadas e afiliados, discutiranse os relatorios/documentos estatais que se fará chegar xunto coa convocatoria á afiliación.
- Normas Do Plenario
O Plenario comezará ás 17:30 horas do 30 de outubro de 2019 na sede do Sindicato Nacional de CCOO en Santiago de Compostela.
A mesa ou presidencia do Plenario estará composta por tres persoas: dúas persoas elixidas entre a afiliación presente ao Plenario de Galicia e unha persoa en representación da Federación de Servizos de Galicia. A Mesa elixirá os seus membros a unha Presidenta ou un Presidente, que dirixirá os debates do Plenario, garantindo o cumprimento da orde do día e unha Secretaria ou Secretario que tomará nota de canto suceda no Plenario. Conxuntamente, levantarán acta dos acordos adoptados e os órganos elixidos, da que enviarán copia ás organizacións de ámbito superior.
A Mesa asumirá as funcións da comisión de credenciais e a comisión de candidaturas.
Funcións:
- Abrir o Plenario e presentar a súa orde do día.
- Elixir, de entre os/os membros, ao Presidente/a, Secretario/a de Actas e Secretario/a que se responsabilice do reconto das votacións.
- Presidir o Plenario, ordenar e dirixir os debates concedendo.
- Establecer o tempo para as intervencións podendo modificar os horarios e/ou a orde do día, se fose necesario, de acordo co Plenario.
- Propor as votacións necesarias
- Vixiar o cumprimento das Normas e interpretalas en caso de dúbidas ou inconcreccións.
- As súas decisións serán aprobadas por maioría simple das persoas membros.
As listaxes de candidaturas que se presenten deberán estar avaladas, como mínimo, polo 10% das persoas afiliadas presentes no Plenario.
Cada persoa afiliada asistente ao plenario non poderá avalar máis dunha candidatura.
O Plenario discutirá as emendas presentadas pola afiliación. As mesmas serán consideradas maioritarias e minoritarias en función do número de votos que obteñan (10% como mínimo para pasar ao Plenario Estatal).
O Plenario elixirá Secretaria /ou Xeral e a Executiva da Sección Sindical de Galicia.
O Plenario elixirá ás 4 persoas que asistirán ao Plenario da Sección Sindical Estatal.
A composición das candidaturas, delegacións e órganos debe respectar a proporcionalidade de xénero, seguindo os Estatutos Federais e Confederais.
A presentación e votacións de candidatura ou candidaturas rexeranse polas normas congresuais do sindicato.
As votacións para a elección dos órganos realizaranse mediante votación secreta. En caso de presentarse máis dunha candidatura, cada unha destas poderá nomear un/a interventor/a para que estea presente no acto de escrutinio.
Proposta de orde do día
- Acreditacións
- Inicio de Plenario e aprobación da Orde do día e Regulamento. Constitución da Mesa do Plenario.
- Intervención da Secretaria Xeral da Federación de Servizos de Galicia
- Presentación e debate dos documentos. Discusión das emendas. Votacións.
- Presentación informe acreditacións. Finalización prazo presentación candidaturas.
- Lectura e votación das resolucións se as houber.
- Elección da Delegación no Plenario Estatal da Sección Sindical.
- Elección Secretaría Xeral.
- Elección da Executiva da Sección Sindical de Galicia.
- Intervención de Secretaria/ou territorial electa/o.