Desde CCOO queremos facer público que tomaremos todas as medidas necesarias para tentar evitar esta actitude de competencia desleal, outras empresas pensaron primeiro tanto no seu persoal como no risco para a saúde da sociedade. Na decisión de aumentar o tempo de apertura, O Corte Inglés queda só.
Tanto o seu persoal, como o do resto do sector da alimentación, merécese un respecto polo traballo, o sacrificio e o perigo ao que está exposto polo labor de abastecer a esta sociedade nestes momentos tan duros. A Dirección do Corte Inglés, NON ESTÁ Á ALTURA da xente que traballa para ela.
Desde CCOO queremos solicitar da sociedade que sexa responsable, que faga prevalecer o interese por preservar a saúde das persoas e que reduza os tempos de compra, evitando especialmente acudir a comprar en domingo.
Tamén comunicamos que nos poremos en contacto co presidente da Xunta o máis axiña posible, para solicitar que rectifique de forma urxente o decreto de apertura.
De Luis García, CC BY-SA 3.0 es, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=29717801