O motivo de non asinar con acordo, baséase en que entendemos que as pretensións da empresa non cumpren con eses criterios e fundamentámolo nas seguintes circunstancias:
-
Preocúpanos especialmente como se van poder cumprir as medidas preventivas establecidas pola Autoridade Sanitaria, coa participación de CCOO, sindicatos máis representativos e as patronais do sector. Coa presenza mínima nas tendas prevista pola empresa, unha única persoa tería que desempeñar diferentes funcións habituais, levar a tenda e a responsabilidade de que se cumpran as medidas preventivas pola clientela e sería moi complicado por non dicir imposible.
-
Preocúpanos a implantación de quendas partidas, xa que facilita a contaminación cruzada, complica a obrigatoriedade de dúas desinfeccións diarias e sáltase as indicacións do goberno con respecto á posibilidade de controlar a trazabilidade en caso de contaxios.
-
Preocúpanos non ter contestación ás nosas propostas respecto da ventilación e aire acondicionado dos centros de traballo, da obrigatoriedade de uniformidade suficiente para que se poidan lavar cada día a temperaturas entre 60º e 90º para a súa desinfección, de colocación de biombos e outras medidas presentadas.
-
Preocúpanos que o ERTE non sexa rotativo, deixando desprotexida durante toda a súa duración ás contratacións de tempo parcial que tan só cobrarían unha prestación do 70% da base de cotización.
-
Preocúpanos que a empresa propoña que o persoal de limpeza sexa o último en ser desafectado do ERTE, cando nunha situación de pandemia por motivos sanitarios, debe prevalecer a limpeza e a desinfección.
-
Preocúpanos que a empresa non haxa tan sequera valorado a solicitude de complementar a prestación por desemprego non abonar a totalidade das pagas extras sen desconto, a pesar de que presentamos a posibilidade de que non se fixese neste momento e aprazarase o pago até saír desta situación.
Desde a Federación de Servizos de CCOO fomos proactivos, presentamos documentos e formulacións en cada unha das reunións, pero ningún foi escoitado e ante esta situación é imposible asinar ningún acordo, xa que a pretensión da Dirección é actuar como unha apisoadora e que aceptemos todas as súas medidas sen discusión.