Teleperformace decide non continuar co departamento INFO R Telecable e Telecomunicaciones, despois de máis 20 anos sendo unha das campañas estrela da empresa.
Ademais non acepta ningún tipo de solicitude do persoal por escrito ou correo electrónico, senón que obriga a empregar a súa ferramenta interna, sabendo dos seus múltiples fallos e carencias. Con esta práctica pretende alonxar ao persoal da representación sindical e incumpre os acordos acadados entre Comité e empresa en materia de canles de comunicación.
Teleperformance toma decisións que afectan ao persoal de forma unilateral sen dar traslado e posibilidade de negociación á Representación Legal dos/as traballadores/as.
POR TODO ISTO O comité de empresa convoca por estes motivos concentración de delegados/as o luns 20 de xullo ás 12:00 hrs. diante da delegación de Teleperformance A Coruña