Por fin, na última reunión do 20 de outubro, vimos un pequeno avance. A patronal presentounos dúas propostas:
1. Manter o actual convenio con vixencia para os anos 2020-2021, cun incremento do 0,25 % dos salarios e sen modificar nada do seu texto.
Para CCOO, ante o esforzo dos traballadores e traballadoras durante a pandemia e o confinamento, un incremento salarial do 0,25 % é INACEPTABLE.
2. Tratar unha parte da plataforma sindical, especialmente centrándose en categorías, xornada, licenzas, horas complementarias, pero sen presentar de momento unha proposta de incremento salarial.
Desde CCOO entendemos que este pode ser un primeiro paso para entrar de vez e de forma seria na negociación, e lembramos que para nós existen temas importantes aos que hai que dar unha solución:
-
Por que temos unha das xornadas máis alta de todo o sector?: 1812 horas anuais
-
Como é posible un control de presenza asinado nunha folla de papel?, estamos na época das cavernas ou en plena era dixital?
-
Por que un exceso de horas complementarias convertidas case nunha xornada completa, pero con horarios irregulares que impiden a conciliación da vida laboral e familiar?
-
Por que non se implantan xornadas continuas e se teima en manter xornadas partidas, cando a pandemia demostrou que son totalmente realizables?
-
Que pasa cos cadros de persoal que fan traballos profesionalizados pero seguen no GRUPO SALARIAL IV, o que ten o salario máis baixo?
-
Que pasa coas persoas obrigadas a asumir responsabilidades de 2º encargado/a e sen recoñecemento salarial?
-
Que pasa cos gastos de quen debe desprazarse a outros centros de traballo?
-
Cando imos adaptar as sentenzas xudiciais sobre licenzas para que estas se gocen en días hábiles de traballo?
-
É imprescindible un INCREMENTO SALARIAL XUSTO, que recoñeza o esforzo das traballadoras e traballadores polo risco que están asumindo, a tremenda carga de traballo e o altísimo estrés.
-
E MOITOS OUTROS TEMAS QUE TEÑEN IMPORTANCIA E QUE TEMOS QUE TRATAR.
Seguiremos informando