CCOO considera que estas axudas deben estar equilibradas, é dicir, que existan axudas directas tanto para empresas como para os sectores e as persoas traballadoras. As propostas de CCOO articúlanse nos distintos niveis de actuación: laboral, seguridade sanitaria, fiscal e institucional. Entre elas, destacamos:
• Axudas para a contratación de persoas que quedaron no paro por mor da COVID-19.
• Promover medidas de mediación para renegociar temporalmente o prezo do alugueiro cos propietarios dos inmobles.
• Subvencións para a modernización e dixitalización.
• Axudas a empresas de sectores relacionados co turismo e a súa actividade.
• Mecanismos para adiar o pagamento de débedas tributarias de pemes e autónomos, así como adiamento temporal, reducións ou eliminación temporal dos pagamentos dos impostos locais.
• Axilizar a liquidación de axudas económicas ás pemes e autónomos.
• Programas para fomentar o consumo na hostalaría e o comercio local.
Entendemos que estas axudas deben ir ligadas a unha serie de requisitos por parte das empresas:
• Que non foran sancionadas pola inspección de traballo (fraude ERTE).
• Que estean ao día no pagamento de nóminas, obrigas con Facenda e Seguridade Social.
• Que teñan plans e medidas de seguridade na empresa e favorezan a igualdade, a conciliación e non discriminación por razón de sexo, amais dun compromiso co medioambiente e a saúde pública.