Despois de que BBVA publicase a remuneración milloraria dos seus directivos -véxase por exemplo Carlos Torres (4,09 Millóns de €) e Onur Genç (3,43 Millóns de €)- teñen a ousadía de facernos a seguinte proposta de indemnizacións para as persoas que queren botar á rúa:
- Maiores de 63 anos: 20 días por ano traballado, máximo 12 meses.
- De 58 anos a 62 anos: Con antigüidade mínima de 15 anos, renda temporal do 65% do nivel retributivo anual (até os 63 anos), descontando a prestación por desemprego. abono do convenio especial á Seguridade Social até os 63 anos.
- 56 e 57 anos: Con antigüidade mínima de 15 anos, renda temporal do 60% da NRA, descontando a prestación por desemprego. Abono do convenio especial á Seguridade Social, até os 61 anos.
- Resto de persoal: 27 días por ano traballado, até un máximo de 18 mensualidades.