O comité negouse a negociar ese «ERE preventivo», polo que a empresa se comprometeu a retiralo sempre que a representación legal do persoal aceptase pactar unha modificación substancial das condicións de traballo para todo o persoal asignado a Vodafone.
Novamente, o comité rexeitou a «chantaxe» proposta pola empresa. Con todo, Bosch retirou o ERE e abriu un período de consultas para a devandita modificación das condicións de traballo.
Ante isto, o comité decidiu convocar os case 1600 traballadores e traballadoras de Bosch Vigo a tres días de folga en defensa das condicións de traballo. A primeira xornada de paros é este mércores. A seguinte será o venres, día 7, que incluirá unha protesta ás 12 horas diante da empresa (a carón do depósito municipal). A terceira xornada será o luns, 10 de xaneiro.