Do mesmo xeito din non estar dispostos a asumir:
- Unha subida de salario acorde á subida do custo da vida.
- Xornadas continuas de mañá e tarde.
- Un número de fins de semana de calidade e descanso ao ano para compartir coas nosas familias.
- Máis contratos de fixos de 40 horas e menos parcialidade e temporalidade.
A posición de CCOO quedou definida coa réplica nos seguintes termos:
- A suba do IPC, o custo da vida, alugueres, luz, os problemas en xeral da economía, tamén afecta o persoal e de forma máis grave que á propia empresa, xa que ten que asumir todas esas subidas con baixos salarios, contratos temporais e moitas veces a tempo parcial.
- Non ten en conta o esforzo que está a facer o persoal nestes tempos, con risco para a súa saúde e a das súas familias, ademais da sobrecarga de traballo que significa cubrir ao compañeiro e compañeiras que caen de baixa por covid.
- Prodúcese un grande agravio comparativo xa que outros compañeiros e compañeiras do sector teñen xornadas continuas de mañá e tarde que lles permite conciliar a súa vida laboral ou familiar e gozan de fins de semana libres por convenio, aquí hai que rogalos ou cambialos polos días de asuntos propios.
Xa abonda, teñen que dedicar un montante maior de diñeiro a mellorar as condicións do persoal, porque aínda así seguirán mellorando as súas contas, segundo a información que eles mesmos publican nos medios de comunicación con records de beneficios cada ano. É a hora de facer un esforzo maior co seu persoal, ese que fai pouco era considerado indispensable pola sociedade