Durante a asemblea realizouse un debate sobre os temas abordados, con participación das persoas asistentes nos cales se lembrou a importancia de facer chegar ao persoal a necesidade de participar nas mobilizacións que se van a levar a cabo durante o mes de marzo para conseguir o obxectivo marcado: un convenio colectivo que acabe coa precariedade do sector.
Estas mobilizacións empezaron hoxe cunha concentración ante o Hotel Ritz de Madrid, hotel de Gran Luxo 5 estrelas, onde con total desvergoña, a patronal do sector, CEX, decidiu realizar o seu congreso. Todo isto mentres pretende coas súas propostas de convenio, condenar a un persoal profesionalizado e responsable á precariedade e a cobrar salarios coincidentes co SMI.