Archivado en Comunicado breve, Mujeres e Igualdad, Muller

Este 8M adoptamos o lema sufraxista «das palabras aos feitos» e imos pasar á acción porque «para a igualdade temos un plan

8M: Das palabras aos feitos. Para a igualdade temos un plan


8M CCOO

CCOO quere seguir traballando día a día no obxectivo de conseguir mellorar as condicións de vida e de traballo das mulleres con feitos concretos. A actuación cotiá de defensa da igualdade e a loita contra a discriminación levou ao sindicato á aprobación por unanimidade da inclusión do feminismo como principio estatutario de CCOO no seu 12º Congreso Confederal."Isto implica asumir o feminismo e a perspectiva de xénero en todas e cada unha das súas políticas de maneira transversal con feitos e non só con palabras", segundo o sindicato, que considera que feitos como a subida do salario mínimo interprofesional (SMI) ou a reforma laboral supoñen unha mellora importante na vida das mulleres, sobre todo, no caso das máis vulnerables. Ler máis


É por iso que CCOO quixo pór en valor o traballo do sindicato. "Os centros de traballo son o espazo onde se desenvolve a actividade sindical e é alí onde o sindicato vai levar o feminismo. Os dereitos fundamentais non se deixan nas portas das fábricas", di o manifesto.

DAS PALABRAS AOS FEITOS

"Pasamos das palabras aos feitos, porque os últimos reais decretos que negociamos permítennos situar os plans de Igualdade como ferramenta feminista que reverta os desequilibrios laborais, económicos e sociais entre homes e mulleres en miles de empresas deste país", di CCOO, que insta a que se cumpra o establecido nas normas e a que as empresas pequenas apliquen medidas e as grandes e as administracións públicas negocien e tamén apliquen os plans de igualdade.

CCOO cre que é o momento de levar o esforzo feminista do sindicato dos últimos anos ás relacións laborais, xa que a acción sindical organizada ao redor da centralidade do traballo promove a expansión dun sindicalismo feminista, universal e integrador que converta ao sindicato en ?un axente de igualdade, dinámico e socializador, onde as feministas de todo tipo conflúen?.

"Queremos recoñecer o traballo cotián feminista que delegadas e delegados realizan na súa actividade diaria, pero tamén usar o 8M para que nos centros de traballo debátase sobre as desigualdades e discriminacións existentes neses centros e dentro das súas empresas", di o sindicato.