Nestes tempo complicados, onde a guerra e a pandemia están a provocar unha situación crítica para os traballadores e traballadoras deste país, é o momento de que as empresas do sector da alimentación, fagan un esforzo, recoñezan este traballo e atendan ás solicitudes do seu persoal:
-
Incrementando salarios de forma que teñan en conta a situación actual de IPC.
-
Reducindo unha xornada anual de 1812 horas, a maior con respecto ao resto do comercio.
-
Elaborando quendas en xornada continua para evitar o gasto dun dobre desprazamento ao centro de traballo.
-
Poñendo encima da mesa solucións ao futuro inmediato da transición e a desconexión dixital.
-
E outra serie de medidas de conciliación da vida laboral ou familiar, que xa se aplican no resto do comercio, como conseguir un número mínimo de fins de semana libres ao ano.
Para esixir ás empresas do sector, que dean un paso adiante na negociación e compensen a seu persoal como se merecen, as centrais sindicais CCOO, UGT e CIG, imos realizar as seguintes concentracións o vindeiro venres día 22 de abril:
12:00 Frente GADIS de Rúa Menéndez y Pelayo, 4-6 - A Coruña
13:00 Frente FROIZ de Avenida de Oza, 16, 15006 - A Coruña