Despois de varias conversacións nas últimas semanas, a dirección da empresa respondeu positivamente á actualización dos pluses (aumento do 5%). O abono de atrasos desde 1 de Xaneiro de 2021 non deu contestación, reuniranse coa representación legal dos traballadores de cada empresa para tratar este asunto e ver como e cando sería o cobro.
Somos conscientes que as cantidades das que falamos son moi pequenas, pero é importante consolidar esta subida, que quedará de maneira definitiva para futuros incrementos. Ao mesmo tempo, UGT e CC.OO volven abrir unha vía de dialogo con Inditex que se paralizou durante os últimos anos.