Simone de Beauvoir dicía que "mediante o traballo foi como a muller puido franquear a distancia que a separa do home. O traballo é o único que pode garantirlle unha liberdade completa" e esta liberdade é difícil de conseguir sen autonomía económica. Non hai nada máis duro que unha muller maltratada que non pode saír da violencia pola súa dependencia económica.
Porque o feminismo non se para nas portas dos centros de traballo e xuntas somos máis fortes, propoñemos á representación legal das persoas traballadoras despregar a acción feminista en todos os seus centros de traballo, mediante as fórmulas que consideren idóneas, o 8 M pola mañá, e a todas as traballadoras e traballadores asistir ás convocatorias das manifestacións que se realicen nas súas respectivas cidades.
A IGUALDADE É UN PLAN QUE FUNCIONA E EN CCOO TEMOS UN PLAN (PARA A IGUALDADE)