Archivado en Negociacion Colectiva, Condiciones de trabajo, Comunicados convenio, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Servizos Administrativos, Accion sindical
O 15 de xaneiro de 2024 retomouse a negociación do Convenio de Oficinas e Despachos da provincia de Pontevedra producíndose un fenómeno denominado O DÍA DA MARMOTA!
Una vez máis sentámonos a negociar e a patronal puxo enriba da mesa a conxelación da antigüidade sen traer unha proposta salarial seria.
CCOO unha vez máis deixamos claro na mesa de negociación que non estamos dispostos/as a conxelar a antigüidade e tampouco a día de hoxe aceptaríamos a proposta realizada pola CIG na mesa de modificar e aumentar o tope da antigüidade.
CCOO esiximos que a negociación debe pasar por actualizar previamente o IPC dos últimos 10 anos, revisando todas aquelas categorías que estean por debaixo do SMI e a partir de aí negociar a suba salarial.
A próxima reunión será o día 26 de xaneiro, donde esperamos que a patronal traia dunha vez por todas unha proposta seria que permita recuperar o poder adquisitivo perdido polo persoal do Convenio de Oficinas e Despachos de Pontevedra.
2024 © CCOO SERVICIOS. Aviso Legal | Contacto