Archivado en Negociacion Colectiva, Comunicados convenio, Sector Financeiro, Accion sindical

NEGOCIACIÓN CONVENIO COLECTIVO AFORRO

Alcanzamos PREACORDO no Convenio Colectivo de Aforro


convenio colectivo aforro

O preacordo acadado, no día de hoxe, na mesa de negociación do Convenio Colectivo de Aforro 2024-26, recolle entre outros puntos

Un incremento en 3 anos do 11% - 14% máis un pago único do 3% do Nivel VI Ademais, 3 días adicionais de libre disposición (1 cada ano) Garántese a aplicación dos incrementos de convenio, sen se veren afectados por adaptacións progresivas. Ler máis


 

Despois do proceso de mobilización impulsado por CCOO dende o pasado 8 de febreiro, conseguimos pechar o seguinte preacordo de Convenio de Aforro 2024-2026:

  • Suba mínima en táboas 2024-2026: 11,5% en 2024 - 3% en 2025 - 3% en 2026 (Incremento mínimo acumulado en táboas en 3 anos = 11,40%)-
  • Suba máxima en táboas 2024-2026 en función do IPC: 14% Garantía no caso de exceso do IPC 2024-2026 sobre o incremento do 11,40%, actualizándose a táboa salarial o 1/1/2027 no exceso, co tope do 3%. (Incremento máximo acumulado en táboas en 3 anos = 14,40%). Noutras palabras, en función do IPC 2024-2026, as táboas salariais e outros conceptos actualizaranse en 3 anos entre un 11,40% e un 14,40% acumulado.
  • (Adicionalmente) Pago único do 3% sobre 18,5 pagas de nivel VI, arredondado á alza = 1.000 euros lineais para todo o persoal. 
    É dicir, en 2024 cobraríase o 5% de actualización + o pago lineal de 1.000€ equivalente ao 3% de NVI + o abono vinculado ao ROE 2023 (ademais do plus convenio, o plus mellora convenio e resto de conceptos estruturais).
  • Eliminación nivel XIV (o nivel de entrada será o XIII, só de 1 ano de duración, e sitúase moi preto dos 20.000€ para 2024 como salario mínimo de convenio).
  • 1 día adicional de libre disposición en 2024, en 2025 e en 2026 (teríamos neses anos 25 días de vacacións + 3 días de libre disposición)
  • Garántese a aplicación dos incrementos de convenio, sen verse afectados por adecuacións progresivas.

Valoración dende CCOO
Este preacordo terá un desenvolvemento en forma de acordo e negociación de texto de convenio, en próximas datas. Ademais, dende CCOO iremos ampliando a información sobre os seus contidos durante esta mesma semana.

Dende CCOO, dende a responsabilidade como primeiro sindicato do sector, consideramos que este preacordo supón un primeiro paso nos nosos obxectivos, principalmente a nivel salarial, ao conseguir un incremento acumulado en táboas en só 3 anos de entre o 11,40% e o 14,40% (moi por enriba da subida acumulada de táboas nos 13 anos anteriores -5,3%-), ademais do pago único do 3% de nivel VI (1.000€), o que se suma ao Plus mellora convenio que conseguimos engadir como concepto permanente en xaneiro de 2023, abrindo o convenio. O feito de que todo o persoal perciba estes incrementos é tamén algo clave.

Un preacordo, ademais, que se consegue sen cesións de ningún tipo á Patronal, nin en materia de ampliación de mobilidade xeográfica, nin de eliminación de axuda de estudos, nin de desregulación de horarios.

Queda moito por seguir reivindicando, en materia de préstamos (a nivel de cada entidade) e de compromisos de negociación en cada empresa de medidas sobre clima laboral (tempo de traballo, emprego, clasificación, presión comercial, etc.), o que traballaremos para concretar na fase de redacción e en cada empresa. Nesta liña, introducir 3 días de descanso no convenio é un primeiro paso sobre o que seguiremos traballando.

Unha vez máis, agradecemos o apoio do persoal en todo este proceso.



INFOGRAFÍA RESUME:

 

Ver preguntas frecuentes: