Archivado en Comunicado breve, Contact Center, Hostalaría, Enxenerías Inspección Técnica, Planificación e Consultorías, Servizos Administrativos, Sector Financeiro, Seguros e Mutuas, Multiservizos, Comercio Galicia
Despois da disolución da anterior executiva da Federación de Servizos de Galicia, hoxe martes, seis de agosto celebrouse unha xuntanza en Santiago á cal asistiu a estrutura cos integrantes da Dirección Provisional.
Tratáronse diversos temas, entre os cales están a situación da Federación, a atención sindical e a organización do traballo ata o Congreso da Federación que se celebrará o próximo quince de marzo.
Na
imaxe, e de esquerda a dereita, algúns dos integrantes da
Dirección Provisional:
Alejandro Salvador (apoio Organización), Benito Gutiérrez
(presidente da Dirección Provisional), Francisco Villares
(responsable de Organización) e Raquel Blanco (apoio Acción
Sindical).
2025 © CCOO SERVICIOS. Aviso Legal | Contacto