Archivado en Comunicado breve, Negociacion Colectiva, Condiciones de trabajo, Convocatorias, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Vigo, Seguros e Mutuas, Accion sindical
CCOO, UGT e CSIF convocaron para o día de hoxe, 23 de xuño, unha folga de dúas horas en todos os centros de traballo de Quirón Prevención. Houbo, así mesmo, concentracións diante da empresa. Con este paro parcial esixen o desbloqueo da negociación do convenio colectivo, que, ademais de mellorar as condicións laborais, regule o teletraballo. Ademais o sector bate récords de beneficios.
CCOO esixe, tamén, que se tomen medidas ante a sobrecarga de traballo que padece o persoal e unha suba salarial que non poña en perigo o poder adquisitivo.
2025 © CCOO SERVICIOS. Aviso Legal | Contacto