Motivado pola falla de personal e a conseguinte sobrecarga de traballo nas dúas tendas de Lefties de Vigo, o Comité de Empresa de Zara España na
provincia de Pontevedra convocou unha folga para o próximo venres 30 nas devantitas tendas. Os contactos coa
dirección da empresa deron os seus froitos e conseguironse cinco novas
incorporacións, o incremento a 40 horas a dúas traballadoras na tenda de
Gran Vía e unha na de Progreso, quedando así desconvocada a folga.
Por parte de CCOO creemos que estes reforzos deben axudar a paliar a excesiva carga de traballo que soportan as traballadoras.