Archivado en Revision Salarial, Salario
Revisión Salarial 2007 2008 Oficinas y despachos de Pontevedra
Publícanse as revisións das tablas salariais correspondentes ós anos 2007 e 2008:
Visto o texto do acordo de mediación en relación ao conflicto xurdido no sector de OFICINAS E DESPACHOS, motivado por discrepancias relativas á negociación do convenio colectivo provincial, e de conformidade co disposto no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, artigo 2.f) do Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, artigo 17 a) do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA), e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial, acorda:
Primeiro.
Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.
Ordenar o seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.
Dispoñer a súa publicación, no "Boletín Oficial" da provincia.
En relación co conflicto xurdido no sector de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra, motivado por discrepancias relativas na negociación do convenio colectivo provincial, reuniuse en data 2 de abril de 2008 a comisión de mediación en procedemento do Acordo Galego para a solución extraxudicial de conflictos colectivos de traballo, da que forman parte, por unha banda a representación empresarial, integrada por D. Camilo Castro Silva, Dª Miriam Blázquez Astorga, D. Manuel Suárez Vázquez; e por outra a representación social integrada polos representantes sociais D. Serafín Otero Fernández de C.I.G., D. Enrique Iglesias Crespo e Dª Teresa Lago Rúa de CC.OO. e Dª Rosa Acuña Salgado de U.G.T. , actuando José Mª Casas de Ron como mediador, nomeado en acta de constitución da comisión de conciliación e mediación de data 6 de Setembro de 2006 para intentar a avinza entre as partes no conflicto reflictido, sendo posible acadala neste intre tras diversas reunións entre as partes, e chegando o compromiso seguinte, no procedemento do AGA co seguinte ACORDO :
1.Publícanse as revisións das tablas salariais correspondentes ós anos 2007 e 2008:
ANO 2007
CATEGORÍAS | Salario base mensual | Remun. anual 16 pagas |
---|---|---|
GRUPO I TITULADOS | ||
Titulado de Grao Superior | 970,60 | 15.529,60 |
Titulado de Grao Medio | 876,25 | 14.020,00 |
GRUPO II ADMINISTRATIVOS | ||
Xefe Superior | 876,25 | 14.020,00 |
Xefe de Primeira 1ª | 863,93 | 13.822,88 |
Xefe de Segunda 2ª, Caixeiro con firma, Xefe de reporteiros, Traductor e Intérprete xurado de máis dun idioma | 836,05 | 13.376,80 |
Oficial de 1ª, Caixeiro sin firma, Intérprete xurado dun idioma, Operador de máquinas contables, Taquimecanógrafo, Telefonista e recepcionista con máis de dous idiomas, Inspector de zona | 769,60 | 12.313,60 |
Oficial de 2ª, Telefonista e Recepcionista cun idioma, Reporteiro de axencia de información, Traductor e Intérprete non xurado, Xefe de visitadores | 731,04 | 11.696,64 |
Auxiliar con antigüidade superior a tres anos | 662,94 | 10.607,04 |
Auxiliar, Telefonista, Visitador, Cobrador, Pagador | 635,04 | 10.160,64 |
Aspirante | 522,05 | 8.352,80 |
ANO 2007
CATEGORÍAS | Salario base mensual | Remun. anual 16 pagas |
---|---|---|
GRUPO III TÉCNICOS DE OFICINA | ||
Xefe Superior | 876,25 | 14.020,00 |
Xefe de 1ª, Xefe de equipo de informática, Analista, Programador de ordenadores | 863,93 | 13.822,88 |
Xefe de 2ª, Xefe de delineación, Xefe de explotación, Programador de máquinas auxiliares, Administrador de test, Coordinador de tratamento de cuestionarios | 836,05 | 13.376,80 |
Xefe de equipo de enquisas, Coordinador de estudios | 823,75 | 13.180,00 |
Delineante proxectista | 776,17 | 12.418,72 |
Dibuxante proxectista, Controlador, Operador de ordenadores | 769,60 | 12.313,60 |
Delineante | 731,04 | 11.696,64 |
GRUPO IV ESPECIALISTAS DE OFICINA | ||
Xefe de máquinas básicas | 836,05 | 13.376,80 |
Operador de tabuladores, Inspector de entrevistadores, Encargado dpto. de reprografía | 769,60 | 12.313,60 |
Operador de máquinas básicas, Dibuxante, Entrevistador-Enquisador | 731,04 | 11.696,64 |
Calcador, Perforista, Verificador, Clasificador | 676,06 | 10.816,96 |
Auxiliar | 635,04 | 10.160,64 |
Aspirante | 522,05 | 8.352,80 |
GRUPO V SUBALTERNOS | ||
Conserxe maior | 676,06 | 10.816,96 |
Conserxe | 649,00 | 10.384,00 |
Ordenanza, Vixilante | 635,04 | 10.160,64 |
Botones | 522,05 | 8.352,80 |
GRUPO VI OFICIOS VARIOS | ||
Encargado almacenero | 731,04 | 11.696,64 |
Oficial 1ª, Conductor 1ª | 703,97 | 11.263,52 |
Oficial 2ª, Conductor 2ª | 676,06 | 10.816,96 |
Axudante, Operador reproductor de planos, Operador multicopista e xerocopista | 649,00 | 10.384,00 |
Peón, Mozo, Persoal de limpeza xornada completa | 635,04 | 10.160,64 |
ANO 2008
CATEGORÍAS | Salario base mensual | Remun. anual 16 pagas |
---|---|---|
GRUPO I TITULADOS | ||
Titulado de Grao Superior | 1.011,37 | 16.181,92 |
Titulado de Grao Medio | 913,05 | 14.608,80 |
GRUPO II ADMINISTRATIVOS | ||
Xefe Superior | 913,05 | 14.608,80 |
Xefe de Primeira 1ª | 900,22 | 14.403,52 |
Xefe de Segunda 2ª, Caixeiro con firma, Xefe de reporteiros, Traductor e Intérprete xurado de máis dun idioma | 871,16 | 13.938,56 |
Oficial de 1ª, Caixeiro sin firma, Intérprete xurado dun idioma, Operador de máquinas contables, Taquimecanógrafo, Telefonista e recepcionista con máis de dous idiomas, Inspector de zona | 801,92 | 12.830,72 |
Oficial de 2ª, Telefonista e Recepcionista cun idioma, Reporteiro de axencia de información, Traductor e Intérprete non xurado, Xefe de visitadores | 761,74 | 12.187,84 |
Auxiliar con antigüidade superior a tres anos | 690,78 | 11.052,48 |
Auxiliar, Telefonista, Visitador, Cobrador, Pagador | 661,71 | 10.587,36 |
Aspirante | 543,98 | 8.703,68 |
GRUPO III TÉCNICOS DE OFICINA | ||
Xefe Superior | 913,05 | 14.608,80 |
Xefe de 1ª, Xefe de equipo de informática, Analista, Programador de ordenadores | 900,22 | 14.403,52 |
Xefe de 2ª, Xefe de delineación, Xefe de explotación, Programador de máquinas auxiliares, Administrador de test, Coordinador de tratamento de cuestionarios | 871,16 | 13.938,56 |
ANO 2008
CATEGORÍAS | Salario base mensual | Remun. anual 16 pagas |
---|---|---|
GRUPO III TÉCNICOS DE OFICINA | ||
Xefe de equipo de enquisas, Coordinador de estudios | 858,35 | 13.733,60 |
Delineante proxectista | 808,77 | 12.940,32 |
Dibuxante proxectista, Controlador, Operador de ordenadores | 801,92 | 12.830,72 |
Delineante | 761,74 | 12.187,84 |
GRUPO IV ESPECIALISTAS DE OFICINA | ||
Xefe de máquinas básicas | 871,16 | 13.938,56 |
Operador de tabuladores, Inspector de entrevistadores, Encargado dpto. de reprografía | 801,92 | 12.830,72 |
Operador de máquinas básicas, Dibuxante, Entrevistador-Enquisador | 761,74 | 12.187,84 |
Calcador, Perforista, Verificador, Clasificador | 704,45 | 11.271,20 |
Auxiliar | 661,71 | 10.587,36 |
Aspirante | 543,98 | 8.703,68 |
GRUPO V SUBALTERNOS | ||
Conserxe maior | 704,45 | 11.271,20 |
Conserxe | 676,26 | 10.820,16 |
Ordenanza, Vixilante | 661,71 | 10.587,36 |
Botones | 543,98 | 8.703,68 |
GRUPO VI OFICIOS VARIOS | ||
Encargado almacenero | 761,74 | 12.187,84 |
Oficial 1ª, Conductor 1ª | 733,54 | 11.736,64 |
Oficial 2ª, Conductor 2ª | 704,45 | 11.271,20 |
Axudante, Operador reproductor de planos, Operador multicopista e xerocopista | 676,26 | 10.820,16 |
Peón, Mozo, Persoal de limpeza xornada completa | 661,71 | 10.587,36 |
2. As partes, asímesmo acordan que o mediador no conflicto acadado o anterior compromiso presente o mércores día 1 de outubro de 2008, en reunión con todas as partes que se celebrará as 10 horas, un documento de traballo para a actualización do convenio colectivo provincial, para o cal serán consultadas e escoitadas todas as sensibilidades que figuran no presente acordo.
En proba de conformidade asinan todos, conxuntamente co mediador, a presente acta de acordo, en Vigo, sendo as 12 h. do día 2 de abril de 2008.
Calendario Laboral 2025. Publicado en el BOE
Alcanzado Preacuerdo para la firma del del XIX Convenio TIC
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Un modelo turístico más sostenible y que garantice derechos, es imprescindible
Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social
Se publica en el BOE el XVIII Convenio de Consultoría y comienza, con ello, a ser de aplicación