Archivado en Revision Salarial
A Coruña: Revisión salarial do convenio colectivo provincial de oficinas e despachos
Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo provincial de OFICINAS Y DESPACHOS, subscrito pola comisión paritaria na súa reunión do día 10 de febreiro de 2011. Primeiro.Que o dito acordo de revisión salarial presentouse nesta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar o día 23 de febreiro de 2011, complementándose o 3 de marzo de 2011.
Segundo.Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros
FUNDAMENTOS DE DEREITO
Primeiro.Que esta xefatura territorial é competente para resolver a presente solicitude, en virtude do artigo 3 do Real decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo e o artigo 3 da Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo.Que os artigos 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, outorga facultades á autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos acordos colectivos pactados no ámbito da súa competencia.
ESTA XEFATURA DE TRABALLO E BENESTAR ACORDA:
1.º.Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, así como o subseguinte depósito do texto e demais documentación orixinal.
2.º.Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
3.º.Ordenar a notificación desta resolución á comisión paritaria.
A Coruña, 7 de marzo de 2011
O xefe territorial de Traballo e Benestar
Luis Alberto Alvarez Freijido
I ANEXO Á REVISIÓN DE TÁBOAS SALARIAIS DO ANO 2011 DO X CONVENIO COLECTIVO DE OFICINAS E DESPACHOS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA A SÚA PUBLICACIÓN OFICIAL
Na Coruña, sendo as 13.00 horas do día 10 de febreiro de 2011, reúnese a comisión mixta paritaria do convenio de oficinas e despachos da provincia da Coruña para a sinatura da revisión salarial para o ano 2011 do X convenio colectivo de oficinas e despachos da Coruña.
Pola representación empresarial:
D. Jesús Vázquez Vázquez (Asociación Profesional de Graduados Sociales, Asesores Fiscales, Empresarios de la Provincia de La Coruña).
D. Isidro Pousada Vales (Asociación Profesional de Graduados Sociales, Asesores Fiscales, Empresarios de la Provincia de La Coruña)
Pola representación social:
D. Angel Iglesias Fernández (Unión General de Trabajadores).
D. Juana Estébanez Cepedal (Comisiones Obreras).
Acórdase facultar a D.ª Juana Estébanez Cepedal para a realización de cantos trámites sexan necesarios ante a Consellería de Traballo ou outros organismos para a publicación dos acordos da comisión mixta paritaria do X convenio colectivo de oficinas e despachos da provincia da Coruña.
Na Coruña, sendo as 13.30 horas do día 10 de febreiro de 2011, asínase o presente acordo
Polos membros da comisión mixta paritaria
TÁBOAS SALARIAIS ANO 2011
CONVENIO OFICINAS E DESPACHOS DA CORUÑA
NIVEIS /MES /AÑO
1 1467.51 20545.14
2 1324.55 18543.70
3 1305.60 18278.40
4 1264.81 17707.34
5 1184.52 16583.28
6 1159.65 16235.10
7 1104.47 15462.58
8 1063.45 14888.30
9 1019.86 14278.04
10 1003.70 14051.80
Artigo 19.Axuda de custos e desprazamentos.
As axuda de custos para o persoal que, en razón dos métodos de organización das empresas, deban efectuar saídas fóra do municipio en que radica o centro de traballo, quedan establecidas da seguinte maneira:
a) Para o ano 2011
Por almorzo: 6,57
Por comida: 19,72
Por cena: 14,23
Por aloxamento: pernoctación pagada cun límite máximo de 65,71 .
Estas cantidades son incrementadas conforme á subida salarial do ano 2011.
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2011/03/24/bop_57.pdf#page=77