Archivado en Noticias, Comunicado breve, Empleo, ERE, Convocatorias, Enxenerías Inspección Técnica
Concentracións diante do Parlamento de Galicia en contra do ERE no Grupo Tragsa
CCOO, UGT e CSIF convocan as concentracións os días 25 de novembro de 2 de decembro ás 12:00 horas diante do Parlamento de Galicia
O 14 de outubro de 2015, a Sala do Social do Tribunal Supremo declarou
axustado a dereito o ERE presentado polo Grupo Tragsa en contra do
sentenciado pola Audiencia Nacional, que o declarara nulo por tres
causas diferentes, permitindo así que a compañía poida despedir ata 1336
compañeiras e compañeiros (117 en Galicia).
Porén, o Grupo
Tragsa ten actualmente reservas voluntarias por valor de 261 millóns de
euros, que son beneficios de exercicios anteriores (tras a repartición
de dividendos) conseguidos co traballo de todas e todos.
Ademais do anterior, queremos destacar:
1. A
empresa segue aboándolles aos seus directivos e mandos intermedios unha
paga por obxectivos denominada «dirección por obxectivos» (DPO). Chama
poderosamente a atención que a empresa siga aboando esta DPO por
obxectivos acadados durante os pasados e actual exercicio, presentando
perdas durante o anos 2013 e 2014 e cunha previsión de perdas ata o
2018.
2. Actualmente, séguese a contratar persoal eventual en
todas as oficinas da empresa no estado, mostra evidente do crecemento da
carteira de pedidos da compañía. Dende o comezo do período de execución
do PDC ata a actualidade, os contratos temporais asinados no grupo
superan os 1336 despedimentos que agora poden executar.
3. Todas
as Administracións públicas (central, autonómica e local) débenlle ao
Grupo Tragsa case 461 millóns de euros. A débeda pendente é sete veces
superior á previsión de perdas acumuladas entre 2014 e 2019 e supera o
75 % da produción do Grupo de todo o exercicio 2014 (619 millóns ?).
Este dato, xunto co das reservas voluntarias, evidencian aínda máis a
viabilidade do Grupo e deixa patente a corresponsabilidade das
diferentes Administracións públicas coa empresa.
A problemática
actual da compañía é a mesma que no 2013: a empresa non adaptou o seu
organigrama á actual realidade produtiva da compañía e os movementos que
se produciron nel no se reflectiron nas contas analíticas, xa que non
se adaptou ás retribucións destes movementos funcionais. Iso provocou
que os gastos de persoal non se reduciran na mesma proporción que a
redución de produción que se ven producindo dende o 2009.
Tendo
en conta que a titularidade do Grupo Tragsa é cen por cento pública,
que a Administración pública son os nosos únicos clientes e que a Xunta
de Galicia, ademais de accionista e copropietaria, é a segunda
Administración autonómica con máis peso na cifra de negocio do Grupo
Tragsa, CCOO, UGT e CSIF convocamos para as 12:00 dos días 25 de
novembro e 2 de decembro concentracións diante do Parlamento de Galicia
en contra do ERE no Grupo Tragsa.