Archivado en Medio ambiente, Convocatorias

29 DE NOVEMBRO. Mobilizacións ante o Cumio de Nacións Unidas sobre o cambio climático
Dende a Federación de Servizos apoiamos as diversas mobilizacións e actos que se convoquen en toda
Galicia en apoio das medidas contra o cambio climático e por un novo
modelo produtivo que nos leve a unha economía verde e sostible.
É necesario un cambio de modelo productivo e enerxético que impulse o desenvolvemento das enerxías renovables, a mobilidade sostible, a
rehabilitación enerxética de edificios, a reciclaxe de refugallo,
sistemas de retorno de envases ou aforro e a eficiencia enerxética.
París albergará a reunión sobre o clima e o futuro do planeta que debe
servir para acelerar a transición cara a unha economía verde e un modelo
enerxético renovable.
O movemento cidadán e sindical ten
convocadas miles de mobilizacións en numerosas cidades e lugares do
planeta para lles esixir aos líderes mundiais un acordo ambicioso e
vinculante que evite as consecuencias devastadoras do cambio climático.
Un cambio climático que prexudica as persoas, os ecosistemas e as
economías; ten consecuencias xa na saúde da poboación e acelera a
destrución da biodiversidade, que comeza a afectar económica e
socialmente a todo o planeta.
O cambio climático é tamén una cuestión sindical. Sharan Burrow,
secretaria xeral da Confederación Sindical Internacional (CSI), adoita repetir que "non haberá empregos nun planeta morto" que "a
transformación industrial é fundamental para acadar un futuro sen
emisións de carbono e sabemos que non pode levarse a cabo sen un
diálogo cos traballadores e as traballadoras nos lugares de
traballo e no marco dos plans nacionaies para as nosas economías e
industrias".
O movemento sindical pide que se
inclúa o compromiso de lles garantir aos traballadores e traballadoras
unha transición xusta ao novo modelo produtivo. Necesitamos que as
medidas para a transformación industrial e enerxética aseguren o emprego
e as condicións de vida da clase traballadora.